Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O CASO UDALBILTZA

Novo proceso político

10 de Xullo de 2010

Os dias 1, 16, 22 e 23 de Xullo e, despois do verao, os dias 7, 8, 14, 15 e 16 de Setembro, terá lugar o xuízo na Audiéncia Nacional de Madrid polo Sumário 6/03, dirixido contra 22 concelleiros e traballadoras administrativas acusados "de un posível delito de integración en organización terrorista" e as penas que se solicitan van de 10 a 15 anos de cárcere.

A Plataforma de Madrid en Solidaridad con los procesados por el caso Udalbitza, criada o pasado mes de Xuño en Madrid, subliña que "o fundamento deste macro-proceso da Audiéncia Nacional, continuación do sumário 18/98 e do mais recente de Egunkaria, non é xurídico, senón político e non protexe senón que vulnera as liberdades democráticas que di defender. A sua finalidade é criminalizar calquer actividade que, mediante mudanzas pacíficas e democráticas, favoreza a vertebración de Euskal Herria como suxeito político.
"O 29 de Abril de 2003, as autoridades españolas realizaron un operativo policial, levando a cabo rexisto e precintado de várias sedes de Udalbiltza, interrompendo unha traxectória de proxectos compartillados entre concellos de todos os territórios vascos. Pouco importou que os procesados sexan cargos eleitos democraticamente polos cidadáns dos seus respectivos municípios e que os fondos se destinasen a actividades culturais, deportivas e educativas, todas elas de domínio público", afirma a Plataforma no Manifesto para o que solicitan apoios.



Categoría: Xeral