OS DD.HH. NON PODEN AGUARDAR
17 de Novembro de 2006
Amnistia Internacional salienta nun comunicado feito público o pasado dia 14 de Novembro que no proceso de negociación do governo español con ETA, “os direitos humanos non poden aguardar”.Nese sentido, AI lembra que xa nunha anterior entrevista con o Sr. Zapatero, pedira, entre outras cousas “a derrogación da detención en rexime de incomunicación, o aceso imediato dos detidos a asisténcia letrada efectiva, o direito dos reclusos a cumpriren as suas condenas perto dos seus familiares –o que pasa pola revisión e inversión da politica penitenciária de dispersión de presos ou detidos por terrorismo- e a eliminación de toda ambiguidade da Lei de Partidos Políticos que pudese vulnerar os direitos à liberdade de pensamento, expresión, asociación ou reunión.”
Ler aqui o texto completo.
Categoría: Xeral |
