OS TERMOS DA ENTREVISTA
11 de Abril de 2006
Nesta ligazon pode ver-se e ouvir-se o Secretáro de Estado para a Seguranza, Antonio Camacho, forzando o xornalista que nese momento o entrevista a desligar a cámara para evitar ter de responder a perguntas comprometidas sobre a prática da tortura no Estado español.“Corta un momento eso y vamos a plantearnos los términos de la entrevista”, afirma el Sr. Camacho cando o xornalista refere as denúncias do Consello de Europa, Human Rights Watch, Amnistia Internacional e as 37 organizacións reunidas nas Xornadas organizadas pola CPT en Barcelona o pasado mes de Febreiro.
Categoría: Xeral |
