O EXCEPCIONAL E O DRACONIANO CONVERTEN-SE EN NORMA
21 de Xullo de 2005
Este é o expresivo título do relatório que Statewatch acaba de facer público sobre o que denomina “A emerxéncia do rexime contra-terrorista” (The exceptional and draconian become the norm). Trata-se de un estudo onde se examinan alguns documentos públicos (e outros secretos) en que o G8 e a UE deseñan a nova –e perigosa- estratéxia de actuación contra o risco de atentados.“É inadmisível que se poda encarcerar persoas, ou confiná-las en arresto domiciliário, en base à tipificación de novos delitos de “incitación”, ao recurso a técnicas de vixiláncia masivas que incluirán gente inocente ou à modificación da norma para que a defensa non poda coñecer as provas inculpatórias ou a sua orixe. Nunha democracia, cando se vulneran os direitos e liberdades de uns poucos, vulneran-se os direitos e liberdades de todos”, afirma Tony Bunyan, Director de Statewatch.
Categoría: Xeral |
