O GOVERNO PORTUGUÉS TAMÉN SABIA
11 de Setembro de 2006
O pasado dia 6, Luís Amado, ministro dos Negócios Estranxeiros de Portugal, confirmou que o governo coñecia a utilización pola CIA do espazo aéreo portugués e de alguns aeroportos.A eurodeputada Ana Gomes difundira o dia 5 unha carta en que Freitas do Amaral, anterior titular do ministério, recoñecia que mais de unha centena de vóos realizados por cerca de 10 avións da axéncia norte americana, que ian alterando as matriculas de ano para ano, aterraran en aeroportos portugueses.
Categoría: Xeral |
