O GRANDE IRMAO
16 de Decembro de 2005
Finalmente, o Parlamento Europeu votou aprovou a directiva sobre retención de dados telefónicos e electrónicos tal como acordaran previamente, en reunións secretas, o Consello de Europa e a “grande coalición” dos grupos do Parlmento Europeu : PPE (conservadores) e o PSE (socialista). Grazas a estas negociacións secretas a medida foi aprovada rapidamente por unha ampla maioria: 378 votos a favor, 197 en contra e 30 abstencións, sen que importase a polémica suscitada polo que significa de restrición das liberdades ou o feito de ter sido rexeitada pola cámara en anteriores ocasións. Votaron en contra o GUE, os Verdes, o UEN e alguns membros de ALDE, entre eles o relator Alexander Nuno Álvaro que retirou o seu nome do relatório.
A normativa recén aprovada estabelece que deverán ser retidos, entre 6 e 24 meses, todos os dados referentes a chamadas telefónicas –incluídas as non atendidas— e as mensaxes electrónicas e que se poderá aceder ao seu contido mediante orde xudicial.
Non foron só as asociacións defensoras dos direitos e liberdades públicas as que protestaron enerxicamente contra esta decisión, tamén as empresas de telecomunicacións manifestaron o seu malestar por esta directiva que aumentará os custos mui notavelmente por as obrigar a armacenaren unha cantidade imensa de información durante longos períodos de tempo.
Categoría: Xeral |
