Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ACESO À INFORMACIÓN

O Governo británico desclasificará documentos sobre a invasión do Iraque

28 de Xaneiro de 2009

O Goberno británico foi obrigado a desvelar as discusións confidenciais mantidas nas reunións do gabinete en marzo de 2003 nas que se decidiu a implicación de Reino Unido na invasión de Iraq, despois de que o Tribunal de Información confirmase que o contido dos debates é "de interese público".

A resolución remata así unha prolongada batalla legal promovida polos grupos que reclaman o seu dereito a coñecer as conversas do Executivo que encabezaba Tony Blair cando apostou por sumarse á operación liderada polos Estados Unidos contra o réxime de Sadam Husein, ao que acusaba de contar con armas de destrución masiva e que deu como resultado a fotografía das Azores, na que xunto a Blair e ao ex presidente norteamericano, George W. Bush, se atopaba tamén o actual ex presidente español, José María Aznar, informa GZNación.



Categoría: Xeral