O PARLAMENTO QUER PREVENIR A TORTURA
16 de Marzo de 2007
O pasado dia 13, foi defendida polo deputado Iago Tabarés (BNG) no Pleno do Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei “Sobre a creación dun mecanismo de prevención da tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes”. A proposición resultou aprovada, con algunha modificación a respeito do texto orixinal, pola unanimidade dos 75 deputados e deputadas presentes.O texto aprovado é o seguinte:
"O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que realice, coa debida interlocución coas asociacións singularmente representativas dos intereses afectados, as actuacións conducentes á posta en marcha en Galicia dun mecanismo de prevención, no marco das competencias da Comunidade Autónoma, nos termos e coas funcións e competencias establecidas no protocolo facultativo á Convención contra a tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes."
Categoría: Xeral |
