A LEI NON FALA DO NICAB OU A BURCA
O Parlamento belga proibe o véu integral
30 de Abril de 2010
"O Parlamento belga aprobou esta quinta feira un texto que prohibe o uso do veo islámico integral en calquera espazo público, incluíndo a rúa, converténdose deste xeito no primeiro estado europeo que o prohibe.
Unha vez apoiada pola Cámara de Representantes, o Senado dispón de quince días para tratar a proposta e, a partir de entón, terá un novo prazo renovábel de 60 días para introducir posíbeis emendas(...)
A lei non fala de forma explícita da burqa ou do niqab, aínda que estabelece que as persoas que se presenten en público enmascarados de tal xeito que xa non sexan identificábeis, serán castigadas cunha multa de entre 82,50 e 137,50 euros e unha pena de prisión de un a sete días.
Algúns expertos expresaron dúbidas sobre a utilidade desta lei. En particular, sinalaron que os regulamentos de policía que prohiben ocultar a cara xa están en vigor na maioría dos municipios. ", informa Vieiros.
Categoría: Xeral |
