Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O SECRETÁRIO XERAL DO C. E. RECLAMA A IMEDIATA RETIRADA DA LEI ANTI-TERRORISTA

23 de Decembro de 2004
O SECRETÁRIO XERAL DO C. E. RECLAMA A IMEDIATA RETIRADA DA LEI ANTI-TERRORISTA

“O Reino Unido deve modificar imediatamente a sua lexislación anti-terrorista. Non gañaremos a batalla contra o terrorismo socavando os alicerces en que asentan as nosas sociedades democráticas”, manifestou Terry Davis, Secretário Xeral do Consello de Europa, unha vez coñecida a resolución da Cámara dos Lordes que declarava a lei anti-terrorista británica contrária à Convención Europea de Direitos Humanos.

“Benvida sexa esta resolución”, manifestou. “No entanto, devemos recordar que non hai nada novo. Hai agora un ano, o Comité Especial formado por nove Consellores Privy designados polo Ministro de Interior, David Blunkett, xa se manifestara no mesmo sentido. O Comité aprovara por unanimidade recomendar a derrogación da lei depois de un ano de minucioso estudo para o que contaron con os testemuños de nunerosos especialistas, incluídos expertos do Ministério de Interior, do M15, do M16, etc. Se o governo británico non tivese ignorado esta recomendación unánime, non se veria agora na embarazosa situación en que quedou ao perder o caso perante a Cámara dos Lordes", manifestou Terry Davis.

Categoría: Xeral