Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


O TRIBUNAL SUPREMO ORDENA REABRIR A INVESTIGACIÓN

O bombardeamento que matou José Couso é imputável

27 de Xullo de 2010

O Tribunal Supremo considera que a estratéxia bélica denominada "de impacto e pavor", consistente en actos como o bombardeamento sobre persoas e bens protexidos en conflito armado, como o que causou a morte de José Couso, é penalmente imputável a quen dirixa as operacións bélicas e ordena reabrir a investigación pola morte do cámara galego, protexido pola sua condición de xornalista.
Esta é a segunda ocasión en que o Supremo ordena investigar a morte de Couso, xa que o 5 de Decembro de 2006 anulou un primeiro arquivo da causa en virtude da sentenza do Tribunal Constitucional de 5 de Outubro de 2005, que estabelecia que a xustiza española é competente para xulgar delitos de xenocídio e crimes contra a humanidade fora do estado español.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral