Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PACOTE DE TELECOMUNICACIÓNS EN ESTUDO

O futuro da internet no Parlamento Europeu

26 de Marzo de 2009

O Parlamento Europeu procede estes dias à segunda leitura do chamado Pacote de Telecomunicacións que, en opinión de persoas e colectivos que traballan na defensa da liberdade de expresión na rede, poderia:


. permitir que se filtren contidos, aplicacións e servizos (Directiva de Servizo Universal, Art. 22.3);


. negar o aceso en liña a material protexido por direitos de autor mediante a cooperación entre fornecedores de redes e "os sectores interesados na promoción de contido lícito", mesmo cando o aceso é lícito como estabelecen numerosas sentenzas (Directiva de Servizo Universal, Art. 33.3, 20.1.b.1º, 21.4a e Directiva Cadro Art. 8.4g);


. ameazar a privacidade dos usuários mediante a retención e procesamento de dados persoais por "razóns de seguranza" (Directiva sobre privacidade e comunicacións electrónicas, Art. 6.7);


Asi mesmo, poderian eliminar-se ou debilitar-se algunhas garantias dos usuários contra práticas discriminatórias, sancións desproporcionads e restricións inxustas do servizo (Directiva Cadro, Art. 8.4.ga, Emenda 138, e Directiva de Servizo Universal, Art. 32.2a, Emenda 166) ou os controlos legais sobre as actividades dos fornecedores de servizos que protexerian contra esas práticas inxustas, restritivas e discriminatórias (Directiva de Servizo Universal, Art. 22.3).
Mais información aqui.



Categoría: Xeral