BARCOS PARA GAZA
O governo español estava ben advertido
31 de Maio de 2010
"Esta noite membros da asociación Cultura y Paz chamaron o xefe para Oriente Próximo do Ministério de Asuntos Estranxeiros español, Javier Soriano, para esixir unha rápida actuación ao Governo no cadro da Unión Europea. A conversa mantivo-se en calma mais con o debate de fondo de si imos sob bandeira turca ou española. O noso compañeiro defendeu o direito à libre circulación polo Mediterráneo e perguntou abrtamente se desde agora haverá que pedir permiso a Israel para navegar polo noso mar, o mar de todos nós.
Javier Soriano comprometeu-se a facer llegar a nosa esixéncia ao ministro Moratinos.
Con esta chamada fica certificado que o Governo español si sabe cal é a situación actual poloque nunca poderán dizer, se algo chegar a acontecer, que non sabian."
Crónicas desde Gaza - 30-05-2010
Categoría: Xeral |
