PAPEL MOLLADO
O governo incumpre convénios contra a tortura
14 de Febreiro de 2010
«O governo asinou todos os convénios contra a tortura para despois os incumprir", afirmou Jorge del Cura, representante da Coordenadora Contra a Tortura, nuha mesa redonda celebrada onte, 13 de Febreiro, en Iruña. O acto integrava-se nas actividades do Dia Contra a Tortura e tivo lugar nun hotel da cidade despois de que o governo navarro proibise que se celebrase como estava previsto nun local público alegando que se tratava de un acto de “contido político”.
Jorge del Cura salientou a hipocrisia de un estado para o que todos os textos que asina sobre este asunto son “papel mollado” devido à “absoluta falta de vontade política”. Ilustrou as suas afirmación con a recente decisión do governo de encomendar a figura do Mecanismo de Prevención da Tortura ao chamado Defensor del Pueblo e a demora en dar a coñecer o relatório do Consello de Europa de 2007.
“Aguardará anos para o facer público, como xa fixo noutras ocasións, para despois dicer que iso acontecia hai anos e que xa está solucionado". Non obstante, revelou, o Consello de Europa xa esixiu aclaracións a Madrid e “deu-lle un prazo para responder”.
Na mesa participaron tamén Fernando Armendariz, Martxelo Otamendi, Alfonso Zenón, Mati Iturralde y Ane Ituiño
Mais información aquí.
Categoría: Xeral |
