AO AMPARO DE LACUNAS LEGAIS
O negócio da tortura
18 de Marzo de 2010
Amnistia Internacional e Omega Research Foundation apresentaron o pasado dia 17 o seu relatório "Das palabras aos feitos", onde denuncian que unha empresa española (Nidec) e outra con base no Reino de España (Grupo TDS) venden instrumentos de tortura aproveitando lacunas legais.
O estudo mostra que estas actividades continuan apesar da introdución en 2006 de controlos europeus que proiben o comércio internacional de materiais para a polícia e os servizos de seguranza deseñados para inflixiren tortura e maus tratos.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
