ARMAS QUE NON MATAN
O reino de España entre os dez primeiros exportadores de armas
27 de Xaneiro de 2009
Segundo o último relatório do Ministério de Indústria, Turismo e Comércio, o governo español vendeu ao exército de Israel no primeiro semestre de 2008 equipas de visión nocturna, material de defensa e substáncias químicas. Tamén exportou a Israel armas con cañon de ánima lisa con un calibre inferior a 20 milímetros por un total de 91.045 euros. Ainda que o destinatário desta venda foi unha entidade privada, o relatório estabelece que o 94,13 % desas armas e equipamento tiveron como destinatário final o exército israelita,informa Europa Press.
Perguntado pola venda deste material a Israel, Miguel Angel Moratinos alegou que Israel é un país 'amigo' con o que o Reino de España deve manter relacións, xa que é tamén un actor 'fundamental' na rexión.
Ver aqui o vídeo en que, a perguntas de Rafael Lafuente Blanco, o Sr. Rodríguez Zapatero responde que o reino de España vendeu armas a Israel pola insignificante cantidade de 1 millón de euros e que este armamento non se utilizou para matar civis palestinos.
Ver aqui as cifras, ben diferentes, que oferece o Centre d'Estudis per a la Pau JMAUDELÂS.
Categoría: Xeral |
