Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


GALIZA

Orde de retirar cámaras ilegais

11 de Novembro de 2008
Orde de retirar cámaras ilegais

”O Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Santiago condenou ao Concello de Compostela á retirar as cámaras de vídeo vixilancia que ten o instaladas no casco histórico da cidade. O maxistrado do xulgado avala coa súa decisión a denuncia presentada polo Movemento polos Dereitos Civís contra a entidade compostelá por mor das continuas ilegalidades cometidas a respecto do sistema de vídeo control. Segundo o establecido na sentenza, o maxistrado considera que ‘debo declarar e declaro a non conformidade a dereito do acto administrativo recorrido, condenando á Administración demandada á retirada das cámaras de vídeo vixilancia na zona vella de Santiago de Compostela’”, informa o MpDC.

O procedimento fora iniciado en 2006 a raiz de unha denúncia apresentada polo MpDC contra o Concello de Compostela por este incumprir sistematicamente os prazos designados pola lei para solicitar a renovación da autorización, carecer de libro de rexisto de imaxes e ter operativas as cámaras sen previamente instalar os devidos sinais.

Precedente na Galiza

No seu comunicado, o MpDC subliña que esta Resolución estabelece un precedente importante que deveria servir para evitar no futuro práticas abusivas na utilización do vídeo-controlo.

Práticas muitas veces respaldadas pola Delegación do Governo, que autorizou en non poucas ocasións a permanéncia de dispositivos que non contavan con as garantias xurídicas mínimas esixidas pola lei, e ignoradas por instituicións como o Valedor do Pobo apesar das reiteradas queixas transladadas polo MpDC.

Renato Núñez, portavoz da asociación, tranquiliza as persoas que confian na vídeo-vixiláncia: as cámaras instaladas no casco histórico compostelán non conseguiron evitar nengun dos atentados cometidos contra o património ou a propriedade privada nesa zona. E mais, nalgunha ocasión chegou a afirmar-se que a cámara da Praza do Toral non pudo identificar as persoas que partiron os vidros dun local comercial porque “apontavan a outro lugar”.



Categoría: Xeral