PARLAMENTO DE CATALUÑA
21 de Abril de 2005
O Parlamento de Cataluña aprovou por unanimidade unha Proposición non de Lei, apresentada polo grupo do PSC-Ciutadans pel Canvi, para solicitar ao Governo do Estado que controle a prática de torturas às persoas detidas.A iniciativa parte de unha sentenza do Tribunal Europeu de Direitos Humanos, feita pública o 2 de Novembro de 2004, que condenava o Estado Español por vulneración do artigo 3º da Convención Europea de Direitos Humanos. Por outra parte, o 6 de Febreiro de 2004, o relator especial da ONU para a tortura, Theo van Boven, xa fixera público un relatório en que criticava o sistema español de detención en rexime de incomunicación por actividades terroristas.
Categoría: Xeral |
