Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PÉSIMA NOTÍCIA

18 de Decembro de 2006
No dia de hoxe, Leopoldo Torres Boursault foi eleito, a proposta do Governo español, membro do Subcomité Internacional previsto no Protocolo Facultativo da Convención das Nacións Unidas contra a Tortura e outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes (OPCAT).

Esta eleición pon en causa a independéncia dos organismos que deverán fixar as normas reais de funcionamento do Protocolo e supón unha quebra nas expectativas xeradas pola aprovación na Asemblea das Nacións Unidas en 2002 e a ratificación do mesmo polo Governo español en Abril deste ano.

Os princípios e garantias de funcionamento transparente que se estabelecen no Protocolo, asi como os princípios recomendados polos sectores e organismos internacionais e nacionais implicados na posta en marcha do Protocolo como son a participación da sociedade civil, a total independéncia dos poderes dos estados, a esixéncia dunha distribución xeográfica equitativa dos membros e a representación das diferentes formas de civilización e sistemas xurídicos dos Estados Partes, poden ter asi eliminadas dunha machadada:

a) No Estado español anula-se toda posibilidade de participación da sociedade civil no proceso de implementación prática do Protocolo, que se leva a cabo de costas e en contra do critério das organizacións de defensa dos Direitos Humanos con unha participación mais activa na luita contra a tortura. Tal é o caso dos pasos chaves dados até agora polas autoridades españolas: a auto-designación, mais con o apoio público do Ministério de Asuntos Estranxeiros, da Oficina do Valedor do Povo como Mecanismo Estatal para a Prevención da Tortura (coñecida o 3 de Outubro de 2006) ou esta proposta que comendamos efectuada polo Governo español, e agora ratificada polos Estados parte, para Leopoldo Torres formar parte do Subcomité Internacional de Prevención da Tortura:

b) Na denúncia pública do pasado 28 de Novembro , a Coordenadora para a Prevención da Tortura suspeitava que a proposta do governo español para que o Sr. Torres Boursault formase parte do Subcomité Internacional só podia obedecer à intención de manter ben fechados os esgotos do Estado e premiar, con un cargo internacional, polos servizos prestados, quen o axudou cando se viu acosado polas investigacións sobre o terrorismo de Estado e os GAL (Leopoldo Torres foi nomeado Fiscal Xeral do Estado, polo Governo de Felipe González, o 27 de Xaneiro de 1990, meses antes de comezar, na Audiéncia Nacional, o xuízo contra Amedo e Domínguez (primeiro dos xuízos contra os GAL), xogando un destacado papel nas manobras efectuadas desde ese Governo para obstaculizar a investigación das tramas do Terrorismo de Estado. Cesou no cargo logo que o Governo deu por fechada a investigación do Tribunal Supremo, en Abril de 1992). A sua eleición, agora, polos representantes dos Estados partes do Protocolo, apesar de coñeceren o seu obscuro pasado, só pode obedecer à intención dos Governos, non só do español, de dar unha aparéncia de boa vontade para luitar contra a tortura, ao paso que manteñen ben fechados os esgotos do Estado, de calquer Estado: “Hoxe por ti, mañá por min”:

c) A auséncia de representantes de África e de Ásia no Subcomité eleito no dia de hoxe, fai-nos temer que se deva a un acordo prévio dos estados da Unión Europea para controlaren o Subcomité e, asi, decidiren o seu destino mais imediato:

Apesar destas decepcións, con a vontade de contribuirmos a criar mecanismos de prevención da tortura autenticamente eficaces, desde a Coordenadora para a Prevención da tortura reafirmamos a nosa intención de participar, xunto con o resto da sociedade civil, no proceso de posta en marcha dos mesmos e de eleición dos membros dos comités que prevé o Protocolo Facultativo:

Afirmamos que a non participación nestes procesos das organizacións e persoas que, desde hai muitos anos, veñen luitando contra a tortura (e entre elas, de forma mui especial embora non unicamente, às que compoñen a Coordenadora para a Prevención da Tortura), acabará por eliminar calquer atisbo de credibilidade nos mecanismos que puderen vir a ser criados desde e para o Estado:

Mais unha vez, esiximos ao Governo español e às autoridades competentes que inicien un proceso de conversas con a Sociedade Civil prévio à criación dos mecanismos de prevención da Tortura (que deverá estar finalizado antes do 22 de Xuño próximo) e à designación dos componentes destes mecanismos:

Galiza, a 18 de Decembro de 2006:

A Coordenadora para a Prevención da Tortura, está formada por:

Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT), Alerta Solidària, Asociación APOYO, Asociación Érguete, Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans, Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento, Asociación Contra la Tortura, Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia, Asociación Libre de Abogados, Associació Memòria Contra la Tortura, Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón, Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos), Centro de Asesoría y Estudios Sociales, Centro de Documentación Contra la Tortura, Comissió de Defensa del Collegi Barcelona, Comité Anti-Sida de Lugo, Concepción Arenal, Coordinadora Antirepressiva de Gràcia, Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá, Coordinadora de Barrios de Madrid, Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas, Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), Etxerat, Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga, Federación Enlace, Fundación Érguete, Grupo de Solidaridad con EuskalHerría en Madrid, Grupo 17 de Marzo, Gurasoak, Institut Drets Humans de Catalunya, Justicia i Pau, Movemento polos Dereitos Civis, Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans, Pastoral Penitenciaria de Lugo, PreSOS Extremadura, PreSOS Galiza, Rescat, SalHaketa (Bizkaia), SalHaketa (Araba), Torturaren Aurkako Taldea, Torturaren Kontrako Taldea, Voluntariado Penitenciario de Lugo, Xusticia e Sociedade.

Categoría: Xeral