Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


POLICIAS BY PROXY

05 de Marzo de 2006
O Movemento polos Dereitos Civís puxo en coñecimento do Defensor del Pueblo, da Delegación do Governo, da Fiscalia, do Ministério do Interior e da Axéncia Española de Protección de Dados a notícia recollida por un xornal coruñés o pasado dia 25 de Xaneiro por se os feitos que nela se relatan pudesen ser constitutivos de delito.

Segundo este xornal, axentes da Polícia Nacional terian facilitado fotografias de persoas suspeitas de seren as autoras de alguns roubos de carteiras cometidos nos últimos tempos no transporte público da cidade aos condutores dos autocarros que cobren a liña 2 (entre Porta Real e Os Castros) e a liña 5 (entre Adormideras e a Cabana).

As fotografias, procedentes de ficheiros policiais -ficheiros de carácter confidencial e uso reservado à investigación- irian acompañadas dunha nota en que se alertava os condutores desta vaga de delitos.

Os Corpos e Forzas de Seguranza do Estado deverian ser os primeiros, -opinan os responsáveis do Movemento- en velar polo estrito cumprimento da lexislación vixente e evitar incorreren en accións como estas que vulneran o direito à intimidade, à honra e à própria imaxe, asi como as garantias previstas na Lei de Protección de Dados.

Categoría: Xeral