Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


POLÍCIA, MENTIRAS E FITAS DE VÍDEO

28 de Setembro de 2007
”A Policía Local de Ribeira sinala que nunca cedeu imaxes tomadas polas cámaras que controlan o tráfico a ningún medio de comunicación, feito que recoñeceu no momento da súa publicación nun xornal, o pasado mes de xaneiro. Os axentes municipais de seguridade responderon así por escrito ao Defensor del Pueblo así como a Ágencia Española de Protección de Datos, ante as denuncias presentadas no seu día polo MpDC”, informa o Movemento polos Dereitos Civis.

Lembremos que o Art. 10 da LO 15/1999 de Protección de Dados de Carácter Persoal obriga os responsáveis dos ficheiros e todas as persoas que interveñen en calquer fase do tratamento de dados de carácter persoal a guardar segredo profisional, mesmo despois de finalizar as relacións con o titular ou responsável do ficheiro.

Categoría: Xeral