Federación Europea de Xornalistas
Parlamento Europeu: contas opacas
27 de Abril de 2008
O pasado 22 de Abril, a Federación Europea de Xornalistas contestou iradamente a decisión do Parlamento Europeu de non dar à luz pública os pormenores de unha auditoria realizada sobre os gastos dos seus membros e acusou o Parlamento de dar un duro golpe à obrigación democrática de render contas na UE.As contas, apresentadas por Dan Jørgensen, do Grupo Socialista, foron aprovadas por 582 votos a favor, 77 en contra e 18 abstencións. A emenda apresentada por Bart Staes, do Grupo Os Verdes, en que se instava a publicación do relatório do Tribunal de Contas que refere irregularidades nos gastos e documentación dos membros do parlamento, foi rexeitada.
“É unha vergoña e un encobrimento inaceitável”, manifestou Arne König, Presidenta da FEX. “O parlamento despreza a transparéncia na UE”, informa a IFJ/IFEX.
Categoría: Xeral |
