Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PRETENDIA GARANTIR DIREITOS LINGUÍSTICOS

Parlamento non admite a trámite iniciativa lexislativa popular

10 de Marzo de 2010

 

A comisión xestora de Queremos Galego compareceu o 9 de Marzo en confereéncia de imprensa para anunciar as medidas legais e sociais a adoptar despois de a Mesa do Parlamento ter rexeitado por maioria a admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada nos últimos meses desde a plataforma.

“A plataforma cidadá lembra que o dereito á Iniciativa Lexislativa Popular é un dereito democrático básico recoñecido na Constitución española, “que vén de ser vulnerado”. A súa admisión a trámite non implica a súa aprobación, só marca o inicio dun período de recollida de sinaturas entre cidadás e cidadáns maiores idade e censuados en Galiza. Tras completarse o mínimo necesario (15.000), con todos os requisitos recollidos pola lei, motiva o seu debate parlamentario.”, afirmaron no decurso da conferéncia de imprensa.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral