25 MEMBROS DO PARLAMENTO EUROPEU
Peden a absolvición dos imputados no caso Egunkaria
11 de Febreiro de 2010
Vinte-e-cinco membros do Parlamento Europeu denunciaron o caso Egunkaria en Estrasburgo (Franza), mediante a asinatura de unha declaración de apoio. Peden a absolvición dos cinco antigos membros da dirección por creren que ese seria o único veredito xusto posível, alén do arquivo da causa económica e a compensación de todos os danos causados aos imputados. En 2005, 22 eurodeputados solicitaran xa a suspensión da clausura de Egunkaria e o respeito aos direitos de liberdade de expresión e información.
Os eurodeputados asinantes forman prte de catro grupos políticos: o Grupo da Alianza dos Liberais e Democratas por Europa (ALDE), o Grupo dos Verdes-Alianza Libre Europea (Verdes-ALE), o Grupo Confederal da Esquerda Unitária Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE-NGL) e o Grupo do Partido Popular Europeu (EPP).
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
