Sánchez Bugallo
Pedindo axuda ao Apóstolo
25 de Xullo de 2008
Como estava previsto, o Alcalde de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo participou hoxe, 25 de Xullo de 2008 na chamada oferenda ao apóstolo Santiago en calidade de delegado réxio na catedral compostelana. No acto estiveron presentes Emilio Pérez Touriño, Dolores Villarino, Antonio Muñoz Molina, Ramón Villares, etc.No seu discurso, Sánchez Bugallo pediu ao apóstolo o fin de vários problemas clásicos (violéncia de xénero, terrorismo, etc.) e outros que entraron este ano por vez primeira no petitório: a solución da crise económica. Na sua resposta o arcebispo de Compostela afirmou a necesidade da "distinción recíproca entre o que é do estado e o que é da igrexa, entre o que é de César e o que é de Deus" (sic).
A saída, membros do colectivo Galiza Laica distribuíron cópias do seu manifesto a favor do respeito ao princípio da neutralidade dos poderes públicos en matéria relixiosa, que entregaron en mao ao Alcalde, ao Presidente da Xunta de Galiza e ao Presidente do Consello da Cultura Galega.
Categoría: Xeral |
