Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


PETICIÓN DA FISCALIA

Penas de prisión para activistas antisionistas

30 de Xuño de 2010

"Nove meses de prisión a cada un; privación do dereito de sufraxio pasivo; e 350 euros para un deles en concepto de indemnización á Policía. É a petición que realiza a Fiscalía para os estudantes universitarios Iago Barros (membro da Dirección Nacional de Agir) e Aurélio L. Que serán xulgados o 28 de xullo por un suposto delito de "resistencia" durante a visita do ex ministro israelí Shlomo Ben-Ami á capital galega o 21 de novembro de 2006.

Ambos os dous participaban nunha concentración de protesta, mais foron detidos polos axentes antidisturbios. Daquelas os mozos denunciaran teren sido vítimas de agresións, ameazas e malos tratos tanto no momento da detención como no traslado á comisaría e tamén nesta. Porén, a demanda efectuada polos danos sufridos non foi atendida, e as lesións utilizadas polos xulgados de instrución composteláns para impeler a acusación a probar a suposta "resistencia"." informa Vieiros.



Categoría: Xeral