AGRESIVIDADE POLICIAL
Pescadería vieja
26 de Xullo de 2010
Ainda que felizmente sen as graves consecuéncias da carga da noite do 24, tamén unha xornalista de El País, andaluza por sinal, tivo ocasion de comprovar a atitude pouco respeitosa con as liberdades democráticas e os direitos das persoas de que fixeron gala as forzas e corpos de seguranza do estado o dia 25.
Na Alameda compostelá, a xornalista perguntou a unha señora o camiño a seguir para chegar à Pescaderia Vella. Un agente da dotación anti-distúrbios que nese momento estava controlando unha concentración pacífica de independentistas, agarrou a xornalista polo brazo: "Aqui no hay nada que se llame Pescadería Vella, se llama pescadería Vieja. Tú, que eres de fuera, deberías saberlo", reprochou-lle. E concluiu: "Corre, no vaya a ser que te demos unas hostias".
Acto contínuo os axentes cargaron contra as persoas concentradas.
Fonte: El País.
Categoría: Xeral |
