CINCO ANOS DE RETENCIÓN ILEGAL
Pola liberdade de Joaquín Garcés Villacampa
25 de Xuño de 2009
O colectivo Tokata desenvolve unha campaña de envío de faxes para reclamar a liberdade de Joaquín Garcés Villacampa, preso nestes momentos no Centro Penitenciáro de Castellón onde leva a cabo un dia de xexun semanal e se nega a aceitar asisténcia médica.
Con esta campaña, Tokata quer apoiar as reivindicacións do Sr. Garcés Villacampa, que reclama a sua posta en liberdade por ter teria de pasado 5 anos retido ilegalmente en centros penitenciários do estado. O carácter irregular desta situación, recorrida polo seu advogado actual perante o Xulgado Central de Vixiláncia Penitenciária, foi recoñecido polo próprio xuiz, que se pronunciou a favor da sua posta en liberdade en Marzo deste ano. No entanto o fiscal conseguiu bloquear a excarcelación do Sr. Garcés Villacampa recorrendo a un ardil: primeiro recorreu a decisión do xuiz e despois declarou-se incompetente.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
