PRÁTICAS INFAMES NOS CÁRCERES SIONISTAS
Presas palestinianas
24 de Agosto de 2010
Desde 1967 Israel detivo mais de 15.000 palestinianas (de um total de 800.000 persoas detidas). Ao igual que os seus compañeiros, as presas son submetidas a abusos E humillacións constantes e a mais de vinte formas de violación. Son torturadas, espancadas, fustigadas, obrigadas a permaneceren atadas durante horas baixo o sol escladante ou baixo a chúvia, privadas do sono, isoladas, multadas en razon, submetidas ao contínuo uso de gases lacrimoxénios nas celas, castigadas con retirada de permisos de visitas familiares e chamadas, só poden escrever ou receber carta cada 3 meses. Son submetidas tamén a duras e humillantes incursións nocturnas e rexistos corporais. A última de que hai notícias o pasado 24 de Xuño. As forzas israelitas especiais do cárcere de Damon irromperon nas celas cedo pola mañá, atacaron as presas, obrigaron-nas a despiren-se e sentaren-se de cócoras en posturas humillantes durante catro horas sob pretexto de unha inspección.
Ler aqui o duro relatório de MyPalestine. E aqui a tradución para español de Rebelión.
Categoría: Xeral |
