Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


SER OU NON SER XUDEU

Problemas da teocracia

21 de Xullo de 2010

Un proxecto de lei  elaborado polos partidos Beitenu e Shas, que confere ao Rabinato ortodoxo de Israel a autoridade exclusiva sobre a conversión de non-xudeus ao xudaísmo, divide o governo do país e ameaza xerar unha crise que envolve o Estado e os xudeus que moran fora.
A lei poderá ter un impacto concreto sobre a vida de 300 mil imigrantes da ex-Unión Soviética, cuxa identidade xudaica é posta en dúvida polos rabinos ortodoxos, que esixen que a conversión sexa realizada exclusivamente de acordo con os preceitos mais ríxidas da ortodoxia. O problema é que, sen seren recoñecidos polas autoridades como xudeus, os imigrantes perden direito à cidadania automática e poden ter dificuldades de se casar e mesmo de ser enterrados en caso de morte pois en Israel, un estado teocrático, non existe casamente ou enterro civil.
Fonte: BBC Brasil.



Categoría: Xeral