QUE PASOU NAQUELA CEA?
17 de Novembro de 2006
Statewatch acaba de facer público a transcrición da resposta dada pola Presidéncia do Consello o pasado 10 de Outubro à pergunta formulada polo grupo ALDE.Segundo o documento, ALDE pretendia averiguar se o bloqueo a unha resolución formal contra as actividades ilegais da CIA en Europa na reunión do dia 15 de Setembro está relacionada con os posíveis acordos a que terian chegado os membros do Consello que o 7 de Decembro de 2005 cearon con Condoleezza Rice para tratar as chamadas “entregas extraordinárias” aos USA. Nesta cea, segundo o xornal italiano L’Unità, estiveron presentes todos os estados membros da UE mais os señores Solana e de Vries.
Ler aqui o documento completo.
Categoría: Xeral |
