Supostos maus tratos
Queixas ouvidas
23 de Abril de 2008
“O cárcere de Brians I torna estar sob suspeita. O Síndic de greuges, Rafael Ribó, investiga os supostos maus tratos nesta prisón perante “o importante número de queixas apresentadas polos presos”. Despois de analisar esas queixas, entrevistar os reclusos e reclamar explicacións ao Departamento de Xustiza, o seu relatório é contundente cando refere que non se trata de feitos isolados, senón de “situacións recorrentes derivadas da actuación dos funcionários en servizos concretos, identificados por un importante número de internos”.Os funcionários aplicarian “un rigor desnecesário” e un tratamento” impróprio de servidores públicos", informa El País.
Categoría: Xeral |
