INICIATIVA NO PARLAMENTO VASCO
Querelas contra quen denuncia tortura
10 de Marzo de 2010
Unha iniciativa apresentada polo PP no Parlamento de Gasteiz, apoiada polo PSOE e UPyD, instará o conselleiro de interior, Rodolfo Ares, a apresentar querela criminal contra as persoas (advogados, familiares e amigos) que o 8 de Febreiro imputaron à Ertzaintza ter torturado os detidos en dias anteriores en Bizkaia e Gipuzkoa durante o tempo que estes permaneceron en dependéncias policiais.
Todos os detidos relataron ter padecido ameazas, golpes e presións por parte da Ertzaintza. Tres tiveron de ser levados a instalacións hospitalárias e un deles, Asier Badiola, foi ingresado a petición do próprio médico forense.
Mais información aqui.l
Categoría: Xeral |
