Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


RATIFICADO O PROTOCOLO

04 de Abril de 2006
Despois de transcorrido case un ano desde que o Congreso dos Deputados recoñecese a prática da tortura no território do Estado español e instase o governo a ratificar de imediato o Protocolo Facultativo da ONU, hoxe , 4 de Aril, será depositado na Secretaria deste organismo internacional o instrumento de ratificación.

Con este motivo, a Coordenadora para a Prevención da Tortura emitiu unha nota de prensa e deu a coñecer as Conclusións das Xornadas celebradas en Barcelona no pasado mes de Febreiro (“Medidas para erradicar a Tortura”):

Perante a ratificación do Protocolo Facultativo à Convención das Nacións Unidas contra a Tortura e outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanas ou Degradantes, a Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT), plataforma que agrupa 41 organizacións de todo o Estado, quer manifestar publicamente a sua satisfación.

A persisténcia da tortura no Estado español foi posta de manifesto no Relatório da CPT apresentado no mes de Maio do pasado ano. Recollen-se neste Relatório a denúncia por tortura de 800 persoas e aponta-se que entre os anos 2001 e 2004 foron imputados 227 membros das forzas de seguranza en delitos relacionados con esta prática.

No Relatório referido ao ano 2005, que será feito público en breve, incluen-se xa, à espera da redación definitiva, outros tantos casos.

Por outra parte cumpre lembrar que outras muitas torturas e maus tratos non foron denunciados polas vítimas e que en numerosas ocasións os agresores beneficiaron da impunidade que envolve esta prática no EE ao seren indultados tras condena por sentenza firme.

O Protocolo

A posta en vigor do Protocolo pode agora converter-se nun importante meio para erradicar, ou cando menos reducir, esta prática infame. Mais iso unicamente virá acontecer se a posta en funcionamento dos mecanismos de prevención previstos nel for real e non se limitar, mais unha vez, a unha declaración de boas intencións.

Non deverá acontecer con este Protocolo o mesmo que aconteceu con as ratificacións doutros tratados tais como a própria Convención da ONU contra a Tortura e outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanas ou Degradantes, asinada e ratificada polo EE, ou o Convénio Europeu para a Prevención da Tortura e das Penas ou Tratamentos Desumanos ou Degradantes, cuxas recomendacións, despois de se ter constatado a prática da tortura no Estado, ainda non foron postas en prática.

A CPT reitera a sua vontade de permanecer vixiante para garantir a transparéncia de todo o proceso da sua posta en marcha e funcionamento, e compromete-se perante a opinión pública a denunciar calquer tentativa de desviturar os mecanismos de prevención, reclamados pola própria Coordenadora asi como por numerosas instáncias estatais e internacionais.

4 de Abril de 2006

Asociacións que forman a Coordenadora:
Acció dels Cristians per l'Abolició de la Tortura (ACAT), Alerta Solidària, Asociación APOYO, Asociación Érguete, Associació Catalana per la Defensa del Drets Humans, Associaçaõ Contra a Exclusão pelo Desenvolvimento, Asociación Contra la Tortura, Asociación para la Defensa de los Derechos de la Infancia, Asociación Libre de Abogados, Associació Memòria Contra la Tortura, Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía, Asociación de Solidaridad y Apoyo a los Presos de Aragón, Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos), Centro de Asesoría y Estudios Sociales, Centro de Documentación Contra la Tortura, Comissió de Defensa del Collegi Barcelona, Comité Anti-Sida de Lugo, Concepción Arenal, Coordinadora Antirepressiva de Gràcia, Coordinadora Contra la Marginación de Cornellá, Coordinadora de Barrios de Madrid, Coordinadora Estatal de Solidaridad con las Personas Presas, Esculca (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades), Etxerat, Federacion de Asociacions de Loita contra a Droga, Federación Enlace, Fundación Érguete, Gurasoak, Institut Drets Humans de Catalunya, Justicia i Pau, Movemento polos Dereitos Civis, Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans, Pastoral Penitenciaria de Lugo, PreSOS Extremadura, PreSOS Galiza, Rescat, SalHaketa (Bizkaia), SalHaketa (Araba), Torturaren Aurkako Taldea, Torturaren Kontrako Taldea, Voluntariado Penitenciario de Lugo, Xustiza e Sociedade.

Categoría: Xeral