RECURSOS CONTRA A IMPUNIDADE
05 de Marzo de 2006
O pasado 25 de Xaneiro, Mamadou Kane, o cidadán senegalés que foi detido ilegalmente por catro axentes da polícia local de Vigo e conducido a un monte das proximidades onde os axentes o insultaron e mallaron nel, interpuxo recurso contencioso-administrativo contra os Reais Decretos que acordaron o pasado mes de Novembro o indulto destes funcionários condenados por maus tratos.
Asi mesmo, o 28 de Febreiro Mamadou Kane apresentou recurso de reposición contra o acordo nº 27 (126) da Xunta de Goberno do Concello de Vigo, adoptado na Sesión Ordinária de 30 de Xaneiro de 2006, polo que se decreta a incorporación ao servizo activo destes axentes.
Os recursos contra o indulto, que no seu dia fora solicitado polo ex-alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, e contra a reincorporación ao servizo activo receberon xa o apoio de numerosos colectivos sociais.
Categoría: Xeral |
