DIA INTERNACIONAL CONTRA A TORTURA
Reclaman ao governo transparéncia e diálogo
26 de Xuño de 2009
Organizacións e plataformas de direitos humanos reclamaron hoxe ao governo a reanudación do diálogo con as entidades sociais para a criación do mecanismo de prevención da tortura a que está obrigado pola ratificación do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.
En conferéncia de prensa con motivo da apresentación do chamado "Manifesto de Madrid para a erradicación da tortura e os maus tratos", o responsável da Coordenadora para a Prevención da Tortura, Jorge del Cura afirmou que as entidades sociais non volveron ter notícia do governo desde Decembro de 2007, cando o executivo de Zapatero interrompeu imprevistamente e sen nengun tipo de explicación o diálogo que até ese momento mantiña con diversas asociacións, entre elas a própria Coordenadora, Amnistia Intenacional, Asociación Pro Derechos Humanos de España, etc..
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
