PROPOSICIÓN NON DE LEI DO BNG
Reclaman medidas contra o estado de Israel
30 de Abril de 2010
O Grupo Parlamentar do Bloque Nacionalista Galego (BNG), por iniciativa dos deputados Anxo Quintana e Carlos Aymerich, apresentou hoxe, 30 de Abril, unha Proposición non de lei en Pleno, relativa ás medidas a adoptar despois de as autoridades israelitas teren detido e interrogado no aeroporto de Ben Gurión, durante mais de 6 horas, Iván Prado e Laila Tilawi alegando motivos de seguranza en base ao apelido árabe da cidadá galega. Ambos foron posteriormente expulsados e impedidos de regresaren ao estado de Israel durante os próximos 5 anos, o que obstaculiza o traballo que realizan na Palestina con nenos e nenas que padecen a ocupación sionista.
Na proposición solicita-se ao parlamento que inste o governo galego a reclamar do governo español a adopción de medidas dipolomáticas e a suspensión de toda cooperación con o estado de Israel no ámbito militar e de seguranza.
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
