Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CENTRE DELAS DE JUSTICIA I PAU

Recurso contra envio de tropas ao Afeganistán

19 de Marzo de 2010

O Centre Delàs de Justícia i Pau de Barcelona interpuxo recurso contencioso-administrativo xunto do Tribunal Supremo contra a decisión do Governo adoptada o 12 de Febreiro pasado de enviar un continxente de 511 militares ao Afeganistán.

No escrito de interposición do recurso solicita-se, como medida cautelar, a paralisación do envio de tropas ou, no seu caso, a sua volta.

O recurso basea-se en que a participación das Forzas Armadas españolas na Forza Internacional de Asisténcia para a Seguranza no Afeganistán (ISAF) supón a participación nunha guerra contrária ao Direito español e ao Direito internacional.

Os argumentos en que se fundamenta son:

1. O envio de tropas realizou-se à marxe da Constituición española cuxo artigo 63.3 estabecele que "Ao Rei corresponde, prévia autorización das Cortes Xerais, declarar a guerra e facer a paz". Este artigo resulta aplicável porque no Afeganistán leva-se a cabo unha guerra. Ainda que o envio de tropas foi autorizado polo Congreso dos Deputados o dia 18 de Febreiro, non interviu nen o Senado nen o Xefe do Estado.

2. As tropas españolas non poden participar nunha misión da OTAN que se situa claramente à marxe do Tratado do Atlántico Norte (TAN), ratificado polo Reino de España. os artigos 5 e 6 do TAN contemplan apenas o uso da forza armada en exercício do direito à lexítima defensa perante un ataque armado a unha das partes en Europa ou América do Norte, e até que o Consello de Seguranza das Nacións Unidas tiver tomado as medidas pertinentes.

3. A ISAF está subordinada à operación Liberdade Duradeira, como demonstra o feito de o Xeneral Stanley A. McChrystal ser o Comandante de ambas. A operación Liberdade Duradeira é unha guerra de agresión xa que incumpre de forma manifesta a proibición do uso da forza nas relacións internacionais e as condicións a que se submete o direito de lexítima defensa estabelecidos nos artigos 2.4 e 51 da Carta das Nacións Unidas.

4. As Resolucións do Consello de Seguranza das Nacións Unidas que autorizan o uso da forza por parte da ISAF son contrárias à Carta das Nacións Unidas. O Consello de Seguranza non pode validar unha guerra de agresión como é a guerra contra o Afeganistán, xa que iso viola o contido da Carta das Nacións Unidas.

Mais información aqui



Categoría: Xeral