Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


ORWELL 2010

Redefinindo a privacidade

23 de Agosto de 2010

Os próximos 9 e 10 de Setembro terá lugar na Faculdade de Ciéncias da Información da Universidade de Santiago de Compostela o curso que organiza EsCULcA en colaboración con a USC (Redefiindo a privacidade. Orwell 2010) sobre un tema de indiscutível actualidade: a invasión da nosa intimidade polos poderes públicos (e non só).
Obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan as persoas no seu devir social e privado, e os extremos a que chegan, e coñecer os instrumentos de garantia de que dispomos frente às tecnoloxías invasivas, son os eixos que estruturan o programa deste curso.
Quen estiver interesado en asistir e formalizar a matrícula (requisito necesário para o recoñecimento de 1 crédito), pode facé-lo na páxina da USC.



Categoría: Xeral