Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


CENTRE DELAS DE JUSTICIA I PAU

Relatório 2010: Gasto e I+D militar

19 de Marzo de 2010

O Centre Delàs de Justicia i Pau (CDJP) deu a coñecer o seu relatório de 2010 sobre Gasto e I+D Militar. Ainda que se constata unha redución do gasto similar a doutros estados europeus afectados pola crise económica, o CDJP adverte do necesidade de aguardar até a liquidación de final de ano para confirmar esta tendéncia e salienta a enorme cantidade de recursos que se destinan a armamento sob capa de tratar-se de un servizo público.

"O gasto militar nos orzamentos do Estado é considerado polo governo como un servizo público. Desta afirmación decorre que as forzas armadas cumpren un papel necesário para a sociedade española. Considerando que o exército ten como misión principal a defensa armada do Reino de España, deveríamos perguntar-nos cais son os perigos e ameazas que ten a sociedade ou recaen no território español que xustifiquen este enorme gasto. Se non se acha unha resposta convincente que xustifique este enorme esforzo, deveria esixir-se ao noso Governo unha redución do gasto militar. Sobretodo na situación de grave crise económica que atravesa o país, e dirixi-la para gastos sociais que permitan unha recuperación do consumo da populación mais necesitada",  afirma o CDJiP

Ver o Relatório en catalán e en español



Categoría: Xeral