CUMPLICIDADE UE-EUA
Responsabilidade moral nas "entregas extraordinárias"
23 de Febreiro de 2009
Na medida en que as últimas notícias confirman que os governos dos estados da UE estiveron implicados nas entregas extraordinárias, o Parlmento Europeu afirma que nunha
A Resolución aprovada o pasado 16 de Febreiro no Parlamento Europeu por 334 votos a favor, 247 en contra e 86 abstencións, estabelece que os estados da UE implicados no programa estado-unidense de "entregas extraordinárias" son moralmente co-responsáveis das detencións ilegais de Guantánamo.
O documento subliña que "acontecimentos posteriores confirman que numerosos estados europeus estiveron implicados e cooperaron activa ou pasivamente con as autoridades dos EUA" en actividades ilegais "como prova información recentemente desclasificada".
Ver aqui o texto da Resolución.
Categoría: Xeral |
