Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


DESDE AS COSTAS DO REINO DE ESPAÑA

Rumo a Gaza

22 de Agosto de 2010

Rumo a Gaza é unha iniciativa impulsada por persoas de diferentes cidades do estado español que queren manifestar a sua solidariedade con a populación de Gaza de maneira activa e eficaz, rompendo o inxusto embargo que a mantén afogada. Entre estas persoas están Manuel Tapial e Laura Arau, activistas que recentemente participaron na Frota da Liberdade, asi como persoas vinculadas a organizacións sociais, politicas, sindicais, culturais e filantrópicas.
O obxectivo da campaña é fretar 2 barcos para transladar 200 persoas e 2000 toneladas de axuda humanitária, que será entregada à UNRWA à chegada à Faixa para que esta xestione a sua distriuición. Entre as que xa se comprometeron a participar na travesia hai persoas do mundo do espectáculo, do xornalismo, sindicalistas e activistas sociais que con a sua presenza pretenden denunciar a insostível situación a que está submetida a populación de Gaza.
Entre Outubro de 2010 e Maio de 2011 a plataforma promotora da campaña desenvolverá diferentes actividades de sensibilización e recollida de apoios.
Agora mesmo xa está aberta unha conta para quen queira facer unha doazón: 3035 0395 16 3950002133.
Mais información aqui.



Categoría: Xeral