SALTO CUALITATIVO E CUANTITATIVO
16 de Marzo de 2008
“O Concello de Ferrol converterá-se no primeiro valedor da Semana Santa”, afirmava La Voz de Galicia na sua edición do 13 de Febreiro.“A administración municipal comprometeu-se a un financiamento anual de 70.000 euros fixos até o 2011 (o que supón un 45% de aumento), que será revisado e incrementado segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) cada doce meses... e asi ficou estabelecido nas contas para o 2008 que en solitário aprovaron PSOE e IU. A cantidade con que agora contribui o Concello supón converter esta instituición no principal patrocinador económico”.
“É un grande salto cualitativo e cuantitativo”, manifestava a própria representante da Coordenadora de Confrarias de Ferrol.
Categoría: Xeral |
