Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


SETE AXENTES PARA SETE ACTIVISTAS

26 de Decembro de 2006
O pasado dia 23 de Decembro, un grupo de persoas convocadas pola Asociación Fuga en Rede, instalou un ponto de información sobre a situación no estado de Oaxaca (México) na rua do Paseo de Ourense, en pleno centro peonil e comercial da cidade. Con esta acción pretendian non só informar sobre a vulneración de direitos humanos no estado mexicano senón tamén recoller asinaturas contra esa situación.

Tan pacífica actuación non pasou despercebida para dous axentes da polícia local que, despois de indagaren os seus obxectivos e leren as follas informativas, foron en busca de reforzos (mais cinco axentes) para procederen –entre burlas e impropérios- a identificar as persoas que distribuian os manifestos.

Dispositivo a todas luces desproporcionado e atitude groseira por completo inadmisível en funcionáros que a sociedade paga para garantiren a orde e o respeito dos seus membros, non para perturbaren sen necesidade a vida cidadá.

Categoría: Xeral