SILENCIAR AS FONTES
24 de Novembro de 2007
“Apesar de numerosos países teren aprovado recentemente leis de protección das fontes confidenciais, a Federación Internacional de Xornalistas constata un aumento significativo da vulneración do direito a protexer esas fontes e a traballar sen controlo governamental. Cita os casos de xornalistas imputados e mesmo encarcerados en Holanda, Dinamarca, Alemaña, Portugal e France polo suposto delito de non revelaren as suas fontes”, denuncia a FIX.“A princípios de Novembro, en Suécia, país en que os xornalistas gozan teoricamente de grande liberdade, vários axentes da polícia rexistaron un estúdio de TV en Estocolmo en busca dunha factura pagada por un reporteiro que se reunira con o Secretário de Estado. O rexisto foi realizado sen autorización xudicial nen a presenza dun ombudsman prevista na lexislación sueca”, informa Privacy International que acaba de facer público un importante relatório sobre este asunto (Silencing Sources).
Categoría: Xeral |
