SIMPÓSIO SOBRE LAICISMO
05 de Xuño de 2006
O 24 de Xuño terá lugar no Hotel Maria Cristina de Toledo un simpósio sobre Promoción do laicismo en España e na Unión Europea.
O encontro está organizado polas asociacións Europa Laica e Federación Humanista Europea e o programa inclui conferéncias e obradoiros a cargo de Juan Francisco González Barón (“Laicismo en España. Situación actual”), Willy Meyer (“O laicismo no ámbito da instituicións europeas”), Rafael Gallego (“As asociacións na periferia”) e David Pollock (“Como organizar-se para facer lobbying”). O simpósio será encerrado por unha conferéncia a cargo da Federación Humanista Europea que versará sobre a discriminación contra os non crentes e un resumo das accións pasadas e futuras.
Máis información: www.europalaica.com
Categoría: Xeral |
