Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


Defensa do galego

Suspeitosos de participaren nunha concentración

24 de Abril de 2008
“Ao remate da concentración de Pontevedra (diante da emisora da COPE), unha parella da policía abordou a dous rapaces que acaban de participar no acto solicitándolles que se identificasen “por ser sospechosos de participar en una concentración”. Un dos rapaces foi levado a comisaría por negarse a identificarse e ao preguntar os motivos polos que se lle requería a documentación, un dos axentes respondeu "no entiendo lo que dices. No sé lo que hablas", mentras que outro comentou “Estás en España, amigo”, en referencia a defensa do galego promovida durante a concentración. O detido permaneceu 45 minutos nas dependencias policiais e foi ameazado con ser denunciado por negarse a unha primeira identificación”, informa o Movemento polos Dereitos Civís.

Categoría: Xeral