Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


TORTURA NUNCA MAIS

05 de Xullo de 2006
O dia 23 de Xuño, un grupo de 13 persoas, encapuchadas, cunha corda no pescozo e unha frase contra a tortura no peito, reuniron-se na Praza do Ferro de Ourense para protestar pola persisténcia da prática da tortura, encanto outras duas repartian follas explicativas às numerosas persoas que observavan o acto reivindicativo.

Posteriormente, nos locais da Asociación Auriense, representantes de PreSOS Galiza e EsCULcA apresentaron o Relatório anual da Coordenadora para a Prevención da Tortura e explicaron os obxectivos do Protocolo Facultativo que ese mesmo dia entrava en vigor.

No acto participaron asi mesmo as nais de dous xovens (Xosé Tarrio e Diego Viña) que morreron vítimas das condicións dos centros penitenciários do Estado español. As duas fixeron un relato comovedor das terríveis circunstáncias en que viveron e morreron os seus fillos que foi acompañado atentamente polo público que ateigava o local.

Categoría: Xeral