Esculca - Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades
Início   Quen somos?   Opinión   Boletin   Documentos   Lexislación internacional   Mediateca   Entrevistas   Galeria   Contacto


MORTES EN PRISIÓN

Tenerife: morto xoven coruñés na sua cela

22 de Xullo de 2009

O pasado dia 21, foi achado morto na sua cela na prisión de Tenerife un mozo de 19 anos natural da Coruña, esganado con unha prenda de roupa. O mozo fora detido na Illa hai un meses e estava no módulo de isolamento, informa La Opinión de Tenerife.


Unha muller que acudiu de imediato ao Centro ao saber do acontecido, temendo que o falecido fose un seu irmao que tentara suicidar-se duas semanas antes, non conseguiu información algumha dos responsáveis da prisión pois estavan, segundo os funcionários, "mui ocupados". A única resposta que obtivo foi a ameaza de aviso à Guarda Civil se insistia en saber se o seu irmao continuava vivo ou non.



Categoría: Xeral