ROMPENDO O SILÉNCIO
Testemuños de mulleres soldados israelitas
03 de Febreiro de 2010
«Collemos un de 5 anos... non podo lembrar o que fixera... collemo-lo para o levar de volta aos Territórios, o oficial deu-lhe unha labazada e meteu-no no jeep. O neno chorava e o axente que estava xunto el dixo-lle "non chores" e comezou a rir del. Afinal o neno esbozou un sorriso e de repente o axente deu-lle unha puñada no estómago. Por qué? "Non rias na miña cara", dixo-lle.
Este é un dos 50 relatos das soldados israelitas cuxos testemuños recolle o novo relatório do grupo Breaking the silence.
Outra da policia militar Sachlav, apostada en Hebrón, lembra un neno palestino que sistematicamente provocava os soldados lanzando pedras. Unha vez conseguiu mesmo asustar un soldado que caíra e partira unha perna.
A vinganza chegou pouco despois: "Non sei quen nen como, mais sei que dous dos nosos soldados meteron-no nun jeep e que semanas despois o neno camiñava cobrazos e pernas enxesados... na unidade o caso foi mui falado, como se sentaran sobre o neno no chao, como lle puxeran a mao sobre unha cadeira e ali mesmo simplesmente lla partiran".
Mais información aqui.
Categoría: Xeral |
